NUNHA PRESA DE TERRA

Special Price $16.68 Regular Price $17.51
PACO CASTRO ALVAREDO
In stock
Sku
6000367
Esta é unha novela con moitas máis cousas, pero eu fíxome sobre todonunha: a portentosa descrición da vida labrega de cando Paco Castro emais eu eramos tamén nenos labregos, el por terras do Incio e eu polaTerra Chá, que ó fin e ó cabo vénvos sendo o mesmo. Pero aquí non hainingún etnografismo, hai vida. Os personaxes son verdadeiros: sonpersoas, non tipos. Eu non os coñecín, pero recoñézoos con todas assúas luces e sombras, con todas as súas infinitas facetas: o paiatormentado polo seu alcoholismo irremediable, a prodixiosa maiintelixente e valorosa e triste, o amor imperfecto pero fatídico entre os dous, a esperanza terque no futuro. E o neno que medra e cambia. E a vida tal como é, ou como era.
Coincide o tempo desta novelacunha mudanza feroz: Paco Castro e mais eu nacemos case na agricultura neolítica, e nos anos da nosa infancia e mocidade unha culturamilenaria foi destruída sen dar lugar a algunha cousa nova e propia,senón a unha aculturación, a unha asimilación, a unha colonización.Isto é algo que tamén conta John Berger de sitios que chamamosFrancia. E o mesmo: Paco Castro cóntao de nós, e tampouco non faietnografía, porque el está radicalmente da parte de dentro.
Podiamos meternos en comparanzas, pero isto é diferente: diferente das grandes novelas de nenos labregos da nosa literatura, que son, digoeu, as Aventuras de Alberte Quiñoi e as Memorias dun neno labrego.Isto é outra cousa: está máis preto de nós. E doe máis. Cantas vecespensaría eu en escribir unha novela así, e nunca me atrevín! Grazas aPaco Castro por escribila e darma a ler.
Darío Xohán Cabana
Write Your Own Review
You're reviewing:NUNHA PRESA DE TERRA
Write your content here...
Back to Top